ALÍ

Alegría

Alegría

Sérgio Tannus (colaborador en Maria Fumaça, Xiqui, xoque ou Pitusa Semifusa) xunta unha presada de cancións brillantes, felices e optimistas, nacidas boa parte delas no tempo en que como voluntario colaboraba na Casa das Meninas, institución de apoio a nen@s sen recursos no seu Brasil natal. As letras están adaptadas ao galego e o libro-disco, editado por Sonárbore, inclúe un conto que liga canción con canción.