O colectivo Cuatrotuercas desenvolve o proxecto Érase 2 veces, no que pretende dar unha segunda oportunidade aos contos de sempre para que sexan “coeducativos, corresponsables e igualitarios”.
Editan os seus libros a través de campañas de crowdfunding e na última publican tres marabillosos títulos en galego: “A bela e a besta”, “Pinocho” e “Os tres porquiños”.