ALÍ

Uxía Lambona e a Banda Molona

Uxía Lambona e a Banda Molona

Unha chea de cancións de sempre ás que se lle dá unha volta para actualizalas e facelas aínda máis atractivas para as máis pequenas. Este CD-DVD producido por Troula inclúe pezas tan atrevidas coma a rianxeira a ritmo de ska, ou o rap da Carolina, canda outras nas que se adaptou a letra para traballar diferentes contidos coma as profesións ou os sons dos animas. Todas as pezas se acompañan de divertidas coreografías que enganchan á rapazada.