ALÍ

A música das árbores

A música das árbores

As historias do fantástico Mundo de Feixón entrelazan unha presa de cancións que abalan entre a poética e calma maxia dos soños e os máis animados retrousos ideais para as coreografías e a interacción. Deste xeito, ao transitar por moi diferentes estados emocionais o disco ofrece un amplo abano de posibilidades para aproveitar pequenos e grandes. As persoas responsables desta obra son Servando Barreirso na música, Anxo Moure nos textos e Chuz Láuzara nas ilustracións, ademais dunha chea de colaboracións en textos e arranxos musicais.