ALÍ

Tic Tac Toc

Tic Tac Toc

Volve Pablo Díaz coa banda Tic-tac-toc e na liña dos seus traballos anteriores, coa excepción de Xente miúda…, que era unha proposta diferente. Volve e non defrauda, cun disco de 11 cancións coas que a rapazada non vai parar de cantar e bailar marabillosas melodías feitas ademais nunha chea de estilos diferentes, desde o rock ou o pop ata o country, a nosa música tradicional, o ská ou os ritmos caribeños. Coma sempre, inclúense pezas moi acaídas para atender contidos específicos: o San Xoán, o Día da Paz, a defensa da nosa lingua… Neste caso queremos ademais facer unha mención especial á preciosa canción que Pablo dedica ao proxecto O mundo máxico de Antón, ao que vos animamos a que lle botedes tamén un ollo.