ALÍ

Entruidos e mascaradas na Galiza

Entruidos e mascaradas na Galiza

A Escola Infantil Semente Compostela edita esta guía do entroido galego con detallistas ilustracións de Óscar “Frebas”, que tamén se encargou, canda Tamara Mosquera, da documentación. Trátase da obra máis completa que se fixo ata o momento arredor desta tradición e vén acompañada de propostas didácticas para axudar a coñecer mellor cada personaxe e a maneira de vivir o entroido nas diferentes partes do país.