ALÍ

Onde viven as fadas?

Onde viven as fadas?

Xerais presenta a tradución ao galego deste conto tan especial que está feito para ler ás escuras. Si, lestes ben, ás escuras. Hai que colocar primeiro cada páxina sobre un foco de luz, logo poñerse ás escuras e o texto hase iluminar como por arte de maxia. Resulta moi acaído para a rapazada máis noviña por mor da súa sinxela estrutura: en cada páxina vaise presentando un escenario habitual dos contos infantís (castelo, océano, fraga…) e mais os seres máxicos que os habitan, ata finalmente chegar ás fadas.