ALÍ

Queda sitio na vasoira

Queda sitio na vasoira

A editora Patas de Peixe está especializada en traer ao galego a obra de consagradas figuras da ilustración e a literatura infantil, como é o caso de Julia Donaldson e Axel Scheffler, autores tamén, entre outros, do celebrado personaxe do Gruffalo (que podemos atopar en galego tamén grazas ao traballo de Patas de Peixe).

Esta obra contén o selo propio desta parella artística e ás inconfundibles ilustracións de Scheffler únense as as historias rimadas e acumulativas de Donaldson.