ALÍ

Nos furados das árbores

Nos furados das árbores

Nos furados das árbores e mais Por tobos e tobeiras son as dúas novas achegas coas que a editorial Baía continúa traendo ao galego esta exitosa serie de libros sobre diferentes espazos naturais máis cheos de vida do que a primeira vista pode parecer.

Son libros ademais encadernados en cartoné, troquelados e con lapelas, o que aumenta ao tempo a súa resitencia e o seu atractivo ao chamar tanto á lectura como á manipulación e o xogo.