Publicado polo colectivo ambientalista Rampla Rampla, de Cedeira, os xogos de parellas das aves I e II antecederon a máis recente publicación do xogo de parellas dos mamíferos mariños.
Ademais da axilidade e a memoria que se exercitan co xogo, as coidadísimas ilustracións van axudarnos á identificación das aves que podemos atopar na nosa contorna e ao coñecemento dos seus nomes non só en galego senón tamén en latín, inglés e nas linguas cooficiais do Estado.