ALÍ

Pelo gato 24

Pelo gato 24

Asociación de gaiteiros galegos. Xunta de Galicia. Este foi o segundo disco dunha serie editada pola Asociación de gaiteiros e recolle e arranxa para o público infantil de hoxe pezas tradicionais. Ademais cada disco desta serie escolle un tema central, que neste caso é o xogo, máis concretamente os xogos tradicionais, e por iso no DVD que acompaña podemos ver explicacións de varios deles. Na súa maior parte van dirixidos a rapazada maior das idades que nos ocupan, pero tamén temos exemplos de xogos de movemento e de coro aptos os máis pequerrechos.