ALÍ

Toc toc

Toc toc

Pablo Díaz e a súa banda volven cun disco con moito ritmo e de melodías atractivas ao tempo que variadas grazas á mestura de tradición e rock. Tampouco volven esquecer a claridade nas mensaxes, o que fai moi apto para o traballo de contidos coma a igualdade de xénero ou o ecoloxismo, nin deixan pasar a ocasión de facer revivir as letras máis divertidas da tradición oral.