ALÍ

Galinha pintadinha

Galinha pintadinha

Os DVD cos videoclips da exitosa serie brasileira Galinha Pintandinha son distribuídos aquí por imperdivel.net. Da primeira á última, as nenas e nenos han bailar con cada unha das cancións e cantar cos seus caraoques. Iso case nos parece o máis importante, pero tampouco se esquecen as mensaxes claras para traballar os máis diversos contidos e ademais ten a vantaxe de nos achegar a unha tradición oral tan rica e variada coma a brasileira, pois desta tradición é de onde saen moitos dos seus textos.