ALÍ

A nena e o grilo

A nena e o grilo

Magín Blanco, un músico proveniente do rock e o pop, irrompía con este disco no panorama da música infantil en galego e facíao sen concesións, é dicir, sen renunciar un ápice á súa creatividade en aras dunha susposta necesidade de sinxeleza. Esa aposta clara non lle impediu asinar unha manchea de temas capaces de enganchar a rapazada usando ademais unhas letras de múltiples lecturas en función da idade de quen escoita. De 0 a 100 anos no máis estrito senso.