ALÍ

Xente miúda moita fartura

Xente miúda moita fartura

Pablo Díaz edita un novo traballo para o público infantil que así e todo muda notablemente con respecto aos anteriores Tic-Tac e Toc-Toc. O son máis dinámico e rockeiro destes traballos deixa agora paso ao predominio da guitarra acústica, a harmónica e o acordeón, o que redunda nun disco máis suave e pausado, dirixido a incluír entre o seu público as idades máis novas (tendo sempre en conta o relativo destes encadramentos). Polo contra, pensamos que non muda nada tocante a outros sinais de identidade, polo menos no que se refire ao seu traballo na música infantil: referímonos sobre todo á claridade de mensaxes e ao directas e efectivas que resultan tanto as melodías coma as letras. Para mostra, ollade este vídeo montado con pictogramas polo CEIP Anxo da Garda da Coruña.