ALÍ

Zooloco

Zooloco

Imaxin. Zooloco é un xogo editado hai uns anos por Imaxin. Parece que non é doado atopalo en tendas pero podemos xogar en liña desde o portal da Rede de bibliotecas de Galicia. Malia ter algúns anos, como dicimos, o xogo non vai defraudar nin a grandes nin a pequenos e consideramos que é un dos máis atractivos e completos que seguimos podendo atopar en galego. Consta de tres illas habitadas por diferentes animais que debemos visitar e superar os distintos tipos de probas (colorear, sumar, o alfabeto, o corpo humano, destreza co rato…) que nos presenta cada un deles para pasar á seguinte illa.