Xogos de mesa educativos para a primeira idade feitos á man. Ideais para sentar coa rapazada e pasar un bo anaco. Aquí podes ver o catálogo completo.
Brazolinda

Xogos de mesa educativos para a primeira idade feitos á man. Ideais para sentar coa rapazada e pasar un bo anaco. Aquí podes ver o catálogo completo.
Libro interactivo da editorial Kalandraka para traballar conceptos contrarios xogando con filtros ópticos.
Libros obxecto para mirar e manipular distinguindo diferentes texturas e sons.
As 23 letras do abecedario galego acompañadas dunha ilustración de Óscar Villán que publica A Mesa pola Normalización Lingüística. Coa canción “O abecedario“, con letra e música de Magín Blanco, son…
Este álbum ilustrado da Editorial Flamboyant ponnos na pel dun monstro que ten un barullo de emocións. Ao longo do texto unha amiga axúdalle a aclararse identificando cada emoción cunha…
Pablo Díaz edita un novo traballo para o público infantil que así e todo muda notablemente con respecto aos anteriores Tic-Tac e Toc-Toc. O son máis dinámico e rockeiro destes…
Galileo nenos preséntanos unha caixa moi completa e ao tempo atractiva que inclúe un gran crebacabezas de pezas grandes e palabras, catro encerados con distintos tipos de trama segundo o avanzado…
A famosa toupiña checa aprendeu a falar galego grazas a Patas de Peixe e lévanos entre aventuras, tenrura e diversión a coñecer as catro estacións do noso planeta.
O rato Frederik, o popular personaxe creado por Leo Lionni, vai acompañar a rapazada prelectora ao longo dunha serie de aventuras visuais no descubrimento de catro preguntas básicas para o…
Ouvirmos edita dous volumes nos que compila unha chea de xoguetes tradicionais feitos con elementos da natureza (que ás veces podemos substituír por materiais para reutilizar cando nos veña máis…
Paco Nogueiras. Kalandraka. Libro/CD/DVD con cancións, caraoques e videoclips en que a maioría das pezas se dedican ás diferentes celebracións do calendario anual, como o entroido, o samaín ou o apalpador,…
Olga Brañas. Galaxia. Olga Brañas é mestra de música e ofrécenos con este disco unha divertida historia en diferentes cancións pensadas para achegar á rapazada as distintas familias de instrumentos musicais
Migallas Teatro. Editorial Kalandraka. Migallas Teatro volve con este libro-disco ilustrado por Dani Padrón para contarnos como facer pan de millo e unha chea de cousas máis da vida cotiá en…
Sonarbore é a etiqueta creada pola editorial Galaxia para a edición de música infantil. A este selo pertencen a maioría de discos de música infantil que están aparecendo agora mesmo…
O certo é que nos últimos tempos o panorama do noso libro infantil non anda sobrado de propostas para as primeirísimas idades, referímonos sobre todo aos libros obxecto, ou xoguete,…
Colección de Sotelo Blanco para a iniciación á lectura. Frases curtas e onomatopeias en letra minúscula acompañadas da correspondente ilustración. Bo tipo e tamaño de letra e espaciado acaído.
Libro con lapelas e fotografías da editorial Patasdepeixe para ir aprendendo conceptos contrarios moi básicos: durmido/esperto, apagado/aceso, arriba/abaixo…
Pirilampo. AS-PG. Unha das recomendacións máis estritamente centradas nas idades máis novas, con grandes melodías e retrousos axeitados para cantar desde moi cativos, á parte doutros contidos educativos que se traballan…
Aínda que destinados en principio a nenas e nenos lectores, a Biblioteca básica dos Bolechas ofrécenos unha serie de 12 de libros atractivos para a rapazada e útiles para traballar…
A editorial catalá Combel edita en galego a súa colección para a iniciación á lectura Cabalo Alado, un conxunto de libros en tapa dura que arrincan con obras para crianzas…