Con Contos en Cantos a editora OQO iniciara, man a man con Almudena Janeiro, o acertado camiño de converter algunhas das súas máis recoñecidas historias en cancións.
O éxito daquela primeira entrega propiciou a aparición dunha reedición, incluíndo tamén novas cancións, que se titulou Máis contos en cantos; agora chéganos a terceira peza co nome de Cantos contos en Cantos, con CD e DVD con caraokes.
Como novidade con respecto ás anteriores entregas, esta última inclúe tamén cinco temas sobre libros da colección “Caracois” na que a editora xunta as súas obras dirixidas á rapazada máis pequerrechiña.