ALÍ

Os Bolechas Biblioteca básica

Os Bolechas Biblioteca básica

Aínda que destinados en principio a nenas e nenos lectores, a Biblioteca básica dos Bolechas ofrécenos unha serie de 12 de libros atractivos para a rapazada e útiles para traballar o primeiro vocabulario, o coñecemento do contorno inmediato e hábitos e actitudes como a hixiene ou a seguranza doméstica. As páxinas compleméntanse coa utilización de pictogramas que facilitan esta transmisión e ademais o proxecto editorial tamén se complementa con ferramentas na rede a través da propia páxina dos Bolechas ou de códigos QR impresas nos propios libros.