ALÍ

Aire

Aire

A estas alturas a familila María Fumaça é de sobra coñecida polo país adiante. Con todo, por se aínda queda alguén despistado, recordaremos que é un proxecto musical que vai polo seu terceiro disco, e que involucra unha morea de persoas arredor da figura de Rui, o neno que é o auténtico protagonista desta obra de arte. O principal obxectivo desta familia é loitar polo recoñecemento e a plena inclusión das persoas con diversidade funcional, e este é tamén o principal valor educativo que podemos extraer das 18 cancións que compoñen o disco, ademais do seu indubidable valor artístico e de ter cancións que no ámbito escolar ou familiar axudan a traballar aspectos como os sentidos ou a alimentación. Igual ca nas entregas anteriores, este libro-disco de Galaxia inclúe DVD con vídeos e karaokes.