ALÍ

A Gramola Gominola

A Gramola Gominola

Sonárbore, 2015. Paco Cerdeira, con experiencia abonda na música infantil tras o seu paso por Mamá Cabra, lanza un proxecto persoal no que aposta por adaptar para a rapazada diferentes estilos da música popular dos nosos días: desde o raegge ás baladas heavys pasando polo pop e o funk. Entre os seus obxectivos está o de facer cancións que atrapen por igual a cativos e maiores e cremos que o conseguen, tendo en conta que o disco acae mellor ás idades máis altas do abano que abranguemos. Tampouco esquecen o contido dunhas letras nas que, sempre con moito humor, falan do medio natural, da amizade ou da alimentación sa.